A caridade é humilhante porque se exercita verticalmente, desde a cima; a solidariedade é horizontal e implica respeito mútuo.
— Eduardo Galeano

luns, 29 de xuño de 2015

Urxente! Contra a impunidade de Israel.


Esta madrugada, o barco Marianne que navegaba rumbo a Gaza para romper o criminal bloqueo sionista sobre esta faixa palestinana que dura xa 8 anos, foi asaltado por militares israelitas cando se encontraba en augas internacionais, a poucas millas do seu obxectivo. Os membros da tripulación foron entón conducidos ao cárcere militar de Ashdod, onde segundo informa o Ministerio de Asuntos Exteriores do Estado español, permanecen detidos e, polo momento, sen poderen receber asistencia consular.

No barco, viaxaban no momento do asalto, varias militantes do Estado español e a europarlamentaria Ana Miranda, ademais de activistas como Moncef Marzouki, Robert Lovelace, Kajsa Ekis Ekman, Mohammed El Bakkali, e outras. En resposta a esta agresión que só pode ser caracterizada como pirataría de Estado, mais que se insere nas coordenadas do imperialismo e da permanente agresión sionista contra o povo da Palestina, chamamos a todas as persoas a participar nas concentracións que se están a convocar en rexime de autoconvocatoria urxente nas seguintes cidades:



  • Vigo: 20h00 R/ Príncipe, diante do MARCO.
  • Coruña: 20h00 Praza do Obelisco
  • Ourense: 20H30 Praza do Ferro
  • Compostela: 20h30 Praza do Toural
  • Pontevedra: 20h30 Praza da Peregrina.



  •