A caridade é humilhante porque se exercita verticalmente, desde a cima; a solidariedade é horizontal e implica respeito mútuo.
— Eduardo Galeano

venres, 18 de setembro de 2015

Falamos no Morrazo sobre Catalunya e o dereito á autodeterminación

Na tarde deste mércores 16 foi realizada Biblioteca Pública de Marín unha charla co-organizada por GPS Morrazo e por Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista no marco das actividades promovidas pola Plataforma Galiza con Catalunya, da que Mar de Lumes é unha das entidades promotoras.

Algúns dos asistentes, ao final do acto, coa bandeira catalá.
A palestra correu a cargo, esta vez, de Susana Montesinos, compañeira da Assamblea Nacional Catalana en Galiza (ANC-Galiza), a organización que recolle os cataláns e as catalás pola independencia que residen no noso país e que xa tiñan participado en anteriores ocasións en accións informativas e explicativas como a que tivo lugar en Marín.

Susana Montesinos explicou a situación do debate político en Catalunya menos de unha semana despois da masiva mobilización promovida nas rúas de Barcelona pola Via Lliure, que conseguiron xuntar dous millóns de persoas a expresaren clara e inquivocamente a súa vontade de exercer democraticamente o seu dereito colectivo á autodeterminación, co obxectivo de constituir un novo Estado plenamente soberano e á marxe do Estado español.


Subscrebe a nosa axenda solidaria!